Revista Estrela


Esta é unha pequena escolla de debuxos feitos por Marcos Vence Ruibal para a Revista Estrela, do Colexio A Inmaculada, en Santiago de Compostela.

Ilustracións
Editorial Revista Estrela n29 - 1997
As páxinas de noticias, as dos cativos, Arume Verdescente (sobre ecoloxía), o Lóstrego (con comentarios do alumnado de infantil), contos do Irmán Mariano, Pasou no Ano da Pera... todas estaban ilustradas por alumnos e ex-alumnos que, xunto cun grupo de nais, formaban parte do equipo que se reunía cada semana para preparar e traballar no desenvolvemento desta revista trimestral, usando unha incipiente tecnoloxía que daba moitos quebradeiros de cabeza, como veredes no editorial da dereita.


Con todo, fomos moi afortunados en utilizar aqueles 386 con Windows 3.11 e as prehistóricas versións de Word. Aprendimos moitísimo grazas a aqueles recursos, modernos na altura, que os Irmáns do Colexio A Inmaculada poñían ao noso dispor.
Inmaculada News - Revista Estrela n26 - 1996


Arume Verdescente - Revista Estrela n30 - 1997
Arume Verdescente - Revista Estrela n32 - 1998




Páxina Tola
As páxinas favoritas dos máis cativos eran, sen dúbida, as de pasatempos: Páxina Tola, Páxina Retola e demais familia. A creatividade e o traballo colaborativo á hora de elaborar as páxinas era de matrícula de honra.

Banda Deseñada - Revista Estrela n29 - 1997

Sopas de letras - Revista Estrela n31 - 1997


Parecidos - Revista Estrela n32 - 1998
Nove diferencias - Revista Estrela n26 - 1996



Páxina Tola - Revista Estrela n34 - 1999
Páxina Tola - Revista Estrela n35 - 1999



Sem comentários:

Enviar um comentário