Teño dous fillos, o X de seis anos e o T de tres anos e medio. X está aprendendo francés nunha academia.
O outro día T e máis eu fomos buscalo ao finalizar a clase e tivemos esta pequena conversa nós os tres e a profesora. Atención! Tedes que saber galego, español, francés, portugués e inglés para entendela!
Five languages in the same conversation
|
Profe: X, diles cómo se dice "gato" en francés.
X: Chat.
Profe: ¡Muy bien! ¿Y perro?
X: Chien.
T: Non! Perro dise cão!
Eu: ...en portugués...
Profe: ¿Sí? A ver, cómo es... ¿cau?
T: Non! cow é vaca!

Sem comentários:
Enviar um comentário